Vintecatro miradoiros, cinco museos e centros de interpretación e 189 km de sendeiros son a mellor opción de penetrar nas Montañas do Courel. O Xeoparque ofrece unha oportunidade única da súa singular xeoloxía e asombrosa biodiversidade, onde convive o ser humano dende a prehistoria. Brancas cuarcitas e escuras lousas constitúen a inmensidade das rochas paleozoicas do Xeoparque, deformadas outrora por grandes pregues deitados como o Monumento Natural de Campodola, de interese internacional. No interior das rochas poderás coñecer fósiles de máis de 300 millóns de anos, mentres que sobre elas poderás recorrer os encaixados vales fluviais e ascender polas escarpadas ladeiras ate coñecer o legado dos antigos glaciares. Todo elo desfrutando de bosques autóctonos de castaños, rebollos e bidueiros, cuxo cor varía coas estacións, e que conviven con haxas, aciñeiras y unha gran variedade de orquídeas amantes dos terreos calcáreos. Aos seus pes, existen quilómetros de covas habitadas polos osos cavernarios no pasado. Non obstante, no sur sorprenderá as nosas oliveiras, cerdeiras, naranjos e sobreiras mais mediterráneos.
As Montañas do Courel foron testemuña da chegada dos romanos fai 2.000 anos, cuxo asombroso legado inclúe 66 castros, 99 minas de ouro e máis de 5 km de canles de auga. Tamén destaca unha gran ponte romana e un túnel escavado na rocha para nada menos que desviar o río Sil. O ouro deu paso a castelos, abadías e igrexas construídas moitas delas con exóticas pedras locais ou incluso traídas de lonxe. Metais como o ferro e o antimonio enriqueceron aos nosos antepasados, deixándonos un excepcional patrimonio mineiro. Sen dúbida, a ruta das Aldeas Paleozoicas e a mellor forma de coñecer de primeira man a arquitectura tradicional das nosas aldeas de montaña, con muros e tellados de pedra, e balcóns e pasadizos de madeira. En pe, e en pedra tamén consérvanse muiños fariñeiros, sequeiros de castañas e fornos de cal que sustentaron as economías más rurais, mentres que actualmente lábranse finas lousas para teitar os tellados de media Europa. Non poderás marcharte sen degustar a rica gastronomía local e los sabores únicos dos nosos viños, aceites, castañas, meles y froitas como a cereixa. As colmeas estiveron sempre rodeadas por xeniais construcións en pedra para protexerse, entre outros, dos osos pardos, os cales regresaron para quedarse eternamente nas Montañas do Courel.