O ámbito xeográfico do Xeoparque Cabo Ortegal está definido polos límites dos municipios coruñeses de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, San Sadurniño, Ortigueira e Valdoviño. Uns 799 km² de superficie (632 km² asentados en superficie continental e 167 km² pertencentes á súa área de influencia mariña) que, maioritariamente, forman parte do recoñecido Complexo Xeolóxico do Cabo Ortegal, amplamente estudado polo ciencia especializada dende mediados do século XX.
O territorio -especialmente a zona norte- é resultante do proceso da Oroxenia Varisca de fai uns 350 millóns de anos. Na actualidade existen catalogados no territorio do Xeoparque Cabo Ortegal 6 Geosites, recoñecidos como lugares de interese xeolóxico con relevancia internacional e 8 lugares de interese xeolóxico con relevancia nacional. Ademais, a catalogación por expertos a nivel local recapitula 108 puntos peculiares, enclaves concretos, estudados e localizados que apoian e poñen en valor, se cabe aínda máis, as peculiaridades do territorio a nivel xeolóxico.
No Xeoparque Cabo Ortegal se aloxan rochas na superficie terrestre que normalmente atópanse no Manto da Terra, a máis de 70 quilómetros de profundidade. A ciencia xeolóxica ten en Cabo Ortegal un gran campo para a investigación e o coñecemento dos cambios que viviu o noso planeta durante millóns de anos. O obxectivo co recoñecemento de xeoparque para o territorio é ampliar o estudo, levándoo, ademais, fora dos círculos especializados. En primeiro lugar, ós preto de 28.300 habitantes dos sete municipios implicados, pero tamén traballar para que o territorio se converta nun referente divulgativo e turístico para as persoas do resto do mundo, xa sexan especialistas na materia ou amantes das experiencias novidosas.
O patrimonio xeolóxico, natural e paisaxístico, o cultural material e inmaterial -construcións, tradicións, gastronomía, etc.- está intimamente ligado á xeoloxía neste lugar. Intencións claras baixo o paraugas do Xeoparque Cabo Ortegal dun desenvolvemento sustentable territorialmente, tomando o patrimonio xeolóxico como punto de partida.